sábado, 1 de diciembre de 2012

Puntillismo


O último traballo que decidín realizar, foi un coa técnica do puntillismo.
No debuxo obsérvase un paisaxe no que vemos unhas montañas, unhas casas, un gran ceo azul, un río e unha barca navegando polo río.
O traballo foi un pouco aburrido, xa que quedei cansado de facer puntos, sobretodo na parte do ceo e do río, aínda que me gustou o resultado final.



Traballo con pintura acrílica






Este é un traballo que decidín facer despois de velo nun conocido programa de televisión.
A realización consiste en realizar un debuxo nun cartón e despois por encima das lineas do debuxo pegar fío. Cando o fío este ben pegado, cúbrese o cartón con cola branca e vótaselle area. Cando pase un tempo quítaselle a area sobrante e quedaranos o debuxo en relieve por causa do fío.
Despois deste paso só queda pintalo e esperar a que a pintura seque.
O debuxo representa a un personaxe dunha conocida serie de debuxos animados.

Debuxo a lápiz

Para facer o segundo traballo, tiven bastantes dudas, así que o final decidín facer un debuxo a lápiz. O debuxo foi "copiado" dunha imaxe encontrada en internet.
O debuxo consiste nunha xarra, nunha copa, nunha culler e nunha pera.
Obsérvase que na xarra destaca unha parte con oscura sombra o igual que na pera. Na parte inferior da copa tamén nos encontramos cunha forte sombra.